Nova

PRIMEIRO DÍA DE TRABALLO PARA O INFANTIL DE 2º ANO

24/08/2010

Foto vencellada

O equipo Infantil "A" da Escola do Racing, tivo na mañá do martes, o seu primeiro día de traballo de cara ao curso da tempada 2010-2011. O equipo, dirixido polo técnico Miguel Martín, está formado por 19 xogadores que participarán na competición local Infantil de Fútbol-7. No primeiro día de traballo, e tras a habitual presentación, os xogadores adestraron por espazo dunha hora nun dos campos de herba artificial da Malata.