Nova
OS PREBENXAMÍNS E ALEVÍNS COMEZARON A ADESTRAR
01/09/2010

Os equipos da Escola de categoría Alevín e Prebenxamín comezaron na tarde do mércores os adestramentos da tempada 2010-2011. As sesións de traballo desenvolvéronse nos dous campos de F-7 de herba artificial, onde os alumnos/as tiveron o seu primeiro contacto co balón. O xoves será a quenda para o Alevín B, para os tres equipos de Benxamín e para os Biberóns.










