Nova
UNHA SELECCIÓN DE XOGADORES INFANTÍS PARTICIPARÁN NA "VAL MIÑOR´CUP 2010" DE NIGRÁN
02/09/2010

Unha selección de xogadores de categoría infantil da Escola e da Fundación do Racing, participarán este fin de semana no "Val Miñor´Cup 2010" que se celebra en Nigrán, en concreto no campo de herba artificial do Complexo Deportivo e Social de Ureca. O equipo do Racing, que accede directamente á Fase Final que se celebra o domingo, quedou encadrado no Grupo "A" xunto ao F.C. Porto, Pontevedra C.F., E.D. Val Miñor Nigrán e o subcampión da Fase Previa.
Os ferroláns disputarán os seguintes partidos:
Domingo, día 05
11:00 h. PONTEVEDRA-RACING
13:00 h. RACING-PORTO
16:30 h. RACING-VAL MIÑOR
17:30 h. SUBCAMPIÓN FASE PREVIA-RACING
A continuación terán lugar os partidos das diferentes eliminatorias, semifinais e final. A entrega de trofeos está prevista para as 20:45 h.










