Estatutos "Escola de Fútbol R. Ferrol"

CAPÍTULO 1
NORMAS XERAIS

Artigo 1.-

O Club “Escola de Fútbol R. Ferrol” é unha asociación privada con personalidade xurídica e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas, que ten como obxectivo exclusivo ou principal a práctica da actividade física e deportiva polos asociados, así como a participación en actividades e competicións oficiais, sen ánimo de lucro.

Artigo 2.-

Club “Escola de Fútbol R. Ferrol” practicará como principal modalidade deportiva o fútbol e solicitará a ratificación dos Estatutos e a inscrición no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia, de conformidade coa Lei xeral do Deporte de Galicia.

O Club “Escola de Fútbol R. Ferrol” practicará, así mesmo, as modalidades deportivas de fútbol sala e para tal fin funcionarán as seccións deportivas correspondentes, sen prexuízo de que a Asemblea Xeral poida acordar a creación doutras.

Artigo 3.-

O domicilio social do Club “Escola de Fútbol R. Ferrol” fixarase na Malata s/n C.P. 15.405 Ferrol (A Coruña). Teléfono 981-323300 Fax 981-333106.

O presidente, cando as circunstancias o aconsellen, poderá acordar o cambio do domicilio social dentro da mesma localidade. Para o traslado do domicilio a outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, será necesario o acordo maioritario da Asemblea Xeral Extraordinaria.

n ambos os casos, o traslado do domicilio social non implicará modificación estatutaria, e terá que ser notificado aos socios e ao Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia

CAPÍTULO 2
CLASES DE SOCIOS, ADMISIÓN, DEREITOS E OBRIGACIÓNS

Artigo 4.-

O número de socios será limitado. A Asemblea Xeral poderá suspender, no entanto, a admisión de novos socios cando así o esixan razóns de aforamento ou capacidade física das instalacións. Os socios poderán ser das seguintes clases: de número, honorarios, aspirantes e familiares.

Artigo 5.-

Son socios de número todas as persoas maiores de idade que satisfagan a cota social establecida pola Asemblea Xeral.

s menores de 18 anos clasificaranse como socios aspirantes e terán dereito ao uso das instalacións sociais mediante a cota que se fixe e pasarán automaticamente a ser socios de número ao cumprir a maioría de idade.

Serán socios honorarios aquelas persoas ás que a Asemblea confira esta distinción e terán un posto de preferencia nos actos oficiais da sociedade.

Son socios familiares todas as persoas que dependan economicamente dun socio de número e convivan con el no mesmo domicilio.

Artigo 6.-

  • Os socios de número terán os seguintes dereitos:
    • Contribuír ao cumprimento dos fins específicos da asociación.
    • Esixir que a asociación se axuste ao disposto na normativa autonómica deportiva e polo establecido no presente estatuto.
    • Separarse libremente da asociación.
    • Coñecer as actividades da asociación e examinar a súa documentación, previa petición razoada ao presidente.
    • Expor libremente as súas opinións no seo da asociación.
    • Ser elector e elixible para os órganos de representación e goberno da asociación, sempre que teña plena capacidade de obrar.
  • Son obrigacións dos socios de número:
    • Pagar as cotas que esixa a Asemblea Xeral.
    • Contribuír ao sostemento e difusión do deporte ou modalidades deportivas.
    • Acatar cantas disposicións dite a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva ou o presidente, para o bo goberno da sociedade.
    • Directiva o el Presidente, para el buen gobierno de la sociedad.
  • Os socios aspirantes terán dereito a aproveitarse dos servizos e instalacións sociais da asociación.
  • Os familiares dos socios de número terán dereito a aproveitarse daqueles servizos e instalacións que se determinen, co previo pagamento da cota fixada.

Artigo 7.-

Para ser admitido como socio, en calquera das súas modalidades, será necesario:

  • Ter a idade sinalada para cada unha delas.
  • Solicitude por escrito dirixida ao presidente.
  • Satisfacer a cota de ingreso correspondente.

Artigo 8.-

A condición de socio pérdese:

  • Por vontade propia.
  • Por falta de pago das cotas sociais durante tres meses consecutivos, previo requirimento de pago, e consecuente Resolución do Presidente.
  • Por acordo do presidente, se é o caso, fundado en faltas de carácter grave, coa audiencia previa da persoa interesada, que haberá de ser ratificado na primeira Asemblea Xeral que se celebre.
  • Por calquera outra causa establecida na lexislación vixente.

CAPÍTULO 3
ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN E GOBERNO

Artigo 9.-

Son órganos de representación e goberno do Club, a Asemblea Xeral e o Presidente.

Artigo 10.-

O Presidente é o órgano executivo do club, posúe a representación legal, convoca e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes.

EO cargo de presidente é a título gratuíto e carente de interese nos resultados económicos da explotación, en por si ou a través de acode interposta.

Será elixido mediante sufraxio libre, directo, ou igual e segredo por e entre os membros da Asemblea Xeral, cada catro anos.

Artigo 11.-

O presidente cesará por:

  • Transcorrer o prazo polo que foi elixido.
  • Dimisión.
  • Falecemento ou incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.
  • Aprobación dunha moción de censura pola Asemblea Xeral.
  • Inhabilitación por sentenza xudicial firme ou sanción deportiva.

Artigo 12.-

  • Como órgano complementario dos de goberno e representación poderá haber unha xunta directiva que actuará como órgano colexiado de xestión do Club e exercerá as funcións que este estatuto lle confira.
  • Os membros da Xunta Directiva serán designados e revogados libremente polo Presidente, debendo de dar conta diso na primeira Asemblea Xeral que se celebre. Da mesma formará parte un secretario e un tesoureiro. Todos os cargos serán gratuítos e carecen de interese nos resultados económicos do Club por si mesmos ou persoa interposta.

Artigo 13.-

  • A Xunta Directiva quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos seus membros. En segunda convocatoria será suficiente a concorrencia, polo menos, de tres dos seus membros, e, en todo caso, do presidente.
  • A Xunta Directiva convocaraa o Presidente con dous días de antelación como mínimo, á data de celebración. Xunta Directiva quedará tamén validamente constituída, cando estean presentes todos os seus membros, aínda que non mediase convocatoria previa.
  • En especial corresponde á Xunta Directiva:
    • Dirixir a xestión do Club, velado polo cumprimento do seu obxecto social.
    • Formular o inventario, memoria e orzamento anual, que se someterá a aprobación da Asemblea.
    • Aplicar todas as medidas deportivas, económicas e administrativas precisas para o fomento e desenvolvemento do deporte dentro do Club.

Artigo 14.-

O Secretario da Xunta Directiva coidará do arquivo da documentación, redactará cantos documentos afecten á marcha administrativa da asociación e levará o libro de rexistro de socios e libro de actas.

Artigo 15.-

  • O tesoureiro da Xunta Directiva será o depositario da Asociación, asinará os recibos, autorizará os pagos e levará os libros de contabilidade.
  • Será obrigación do tesoureiro formalizar, durante o primeiro mes de cada ano, un balance de situación e as contas de ingresos e gastos, que se porán en coñecemento de todos os asociados.

Artigo 16.-

  • A Asemblea Xeral é o órgano supremo do goberno do Club e estará integrada por todos os seus socios de número.
  • As Asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela, presentes ou representados, a maioría dos seus asociados. En segunda e última convocatoria media hora máis tarde, quedará constituída calquera que sexa o número de membros presentes. Entre a data de convocatoria e o día sinalado para a súa celebración terán que mediar, como mínimo, dez días naturais e non poderán transcorrer máis de 20.

Artigo 17.-

A Asemblea Xeral convocaraa o Presidente por iniciativa propia ou do vinte e cinco por cento, polo menos, dos socios de número.

  • A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, previa convocatoria do Presidente, polo menos unha vez ao ano para tratar das seguintes cuestións:
    • Memoria, liquidación do orzamento, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.
    • Orzamento para o seguinte exercicio.
    • Proxecto e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.
    • Proposicións que formulen os socios e que terán que ir asinadas polo menos, polo cinco por cento destes.
  • Terase que celebrar Asemblea Xeral Extraordinaria para a modificación dos Estatutos, elección do presidente, toma de diñeiro a préstamo, emisión de títulos representativos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, alleamento de bens inmobles e fixación de cotas de socios, e calquera outro acordo previsto nestes estatutos ou que o presidente estime oportuno ou proceda legalmente.

Artigo 18.-

Os acordos da Asemblea Xeral serán vinculantes e de obrigado cumprimento e terán forza executiva a partir da data da súa adopción, sen prexuízo, por razón de materia, da posibilidade da súa impugnación diante dos órganos competentes e da Federación Galega Deportiva da modalidade ou diante do Comité Galego de Xustiza Deportiva. /p>

CAPÍTULO 4
RÉXIME DOCUMENTAL

Artigo 19.-

O réxime documental do Club constará dos seguintes libros: rexistro de socios, de actas e contables.

Artigo 20.-

No libro de Rexistro de Socios, terán que constar os nomes e apelidos dos socios de número, ou o seu documento nacional de identidade e, de ser o caso, os cargos de representación, goberno e administración que exerzan no Club. Tamén se han de especificar as datas de altas e baixas, e as de toma de posesión e cesamento nos cargos aludidos.

Artigo 21.-

No libro de actas, consignaranse as reunións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, con expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As actas terán que estar asinadas, en todo caso, polo presidente e o secretario.

Artigo 22.-

Nos libros de contabilidade figurarán tanto o patrimonio como os dereitos e obrigacións, e ingresos e gastos do Club, e deberase precisar a procedencia daqueles e o investimento ou destino destes.

Artigo 23.-

Os órganos e socios do club estarán sometidos ao regulamento disciplinario do club e ao disposto no título VII da Lei 11/1997 xeral do deporte de Galicia e normativa do seu desenvolvemento.

Artigo 24.-

Así mesmo, o presidente e os membros da Xunta Directiva responderán diante dos socios, o Club ou terceiros dos prexuízos que ocasionen por culpa ou neglixencia grave, de conformidade coa regulamentación propia do Club e do ordenamento Xurídico vixente.

CAPÍTULO 5
RÉXIME ECONÓMICO-FINANCEIRO E PATRIMONIAL

Artigo 25.-

  • No momento da creación do Club deportivo, o patrimonio fundacional é de 100 euros.
  • No futuro o patrimonio do Club estará integrado por:
    • As achegas económicas dos socios, que aprobe a Asemblea Xeral.
    • As doazóns e subvencións que reciba.
    • Os resultados económicos que poden producir as manifestacións físico-deportivas que organice a entidade.
    • As rendas, froitos e intereses do seu patrimonio.
    Queda expresamente excluído como fin do Club o ánimo de lucro e a totalidade dos seus ingresos e beneficios aplicaranse ao cumprimento dos seus fins sociais.

Artigo 26.-

O Club poderá gravar e transferir bens, mobles e inmobles, tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos transmisibles representativos de débeda ou parte alícuota patrimonial, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

  • Que se autoricen tales operacións por maioría de dous terzos dos socios presentes ou representados na Asemblea Xeral Extraordinaria.
  • Que estes actos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da entidade ou a actividade físico-deportiva que constitúa o seu obxecto social. Para a adecuada xustificación deste extremo poderase esixir, sempre que o soliciten como mínimo o cinco por cento dos socios de número, o oportuno ditame económico-actuarial.
  • Cando se graven ou transfiran bens, mobles e inmobles que fosen financiados en todo ou parte, con Fondos Públicos da Comunidade Autónoma será preceptiva a autorización previa do órgano competente da Xunta de Galicia.

Artigo 27.-

O Club poderá emitir títulos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, que serán nominativos.

Os títulos inscribiranse nun libro que levará a efecto o Club, no que se anotarán as sucesivas transferencias.

En todos os títulos constará o valor nominal, a data de emisión, e, no seu caso, o interese e prazo de amortización.

Artigo 28.-

Os títulos de débeda só se poderán subscribir polos asociados, e a súa posesión non conferirá dereito ningún especial aos socios, excepto a percepción dos xuros establecidos conforme coa lexislación vixente.

Artigo 29.-

Os títulos de parte alícuota patrimonial han de ser así mesmo, subscritos polos asociados. En ningún caso estes títulos darán dereito á percepción de dividendos ou beneficios.

Artigo 30.-

Os títulos de débeda e parte alícuota patrimonial serán transferidos unicamente entre os que teñan a condición de socios.

CAPÍTULO 6
REFORMA DOS ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DO CLUB

Artigo 31.-

Os presentes Estatutos só se poderán modificar, reformar ou derrogar, por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para ese efecto, mediante votación favorable de dous terzos dos socios de número asistentes.

A reforma destes estatutos seguirá, con respecto ao Rexistro de Asociacións Deportivas e de Deportistas de Galicia, os mesmos trámites administrativos que para a súa inscrición.

Artigo 32.-

O Club extinguirase ou disolverase por acordo de:

  • dous dos terzos dos socios en Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada ao efecto.
  • por sentenza xudicial.
  • por outras causas legalmente determinadas.

En todo caso terá que ser notificado ao Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia.

Artigo 33.-

Disolto o Club, o remanente do seu patrimonio social, se o houbese, aplicaranse a fins análogos de carácter deportivo ben por acordo previo da Asemblea Xeral ou subsidiariamente polo órgano competente en materia de deporte da Xunta de Galicia.