HISTORIA ESCOLA

A firma do acta fundacional da “Escola de fútbol R. Ferrol” tivo lugar o 25 de agosto de 2006 collendo a testemuña da Fundación do Racing Club Ferrol para a formación e desenvolvemento na práctica do fútbol, dos nenos e nenas das categorías de Biberóns, PrebenxamÍns, Benxamíns, Alevíns e Infantís.

A “Escola de fútbol R. Ferrol” inscríbese no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Xunta de Galicia co Nº DE REXISTRO C-09089. Pola súa banda, A Federación Galega de Fútbol inscribe á Escola para a súa afiliación federativa co nº 1-791, mentres que no Padroado Municipal de Deportes do Concello de Ferrol o nº de Rexistro é o 183.

Tempada 2006/07

Na Tempada 2006/2007 o IV Curso na Escola de Fútbol do Racing contou cun total de 269 alumnos/as, que se distribuíron en 18 equipos e que participaron nas Ligas Locais, Campionato de Copa Local e Torneos amigables.

Na Competición de Prebenxamín participaron un total de 100 nenos. En Benxamín se igualou a cifra dos 100 nenos. Mentres que en Alevín foron 69 nenos os que tomaron parte na Escola. Cóntase ademais, cunha categoría denominada como Biberóns e que, pola súa idade, non poden participar en competición oficial pero que asistiron tanto a os adestramentos como a os partidos amigables, sendo un total de 36 nenos.

No que se refire aos resultados obtidos polos Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns na tempada 2006/2007, na Competición de Fútbol - 7 e na Competición de Copa foron os seguintes:

Na categoría de Prebenxamíns formáronse un total de cinco equipos.

  • Racing Prebenxamín “A” adestrado por Hugo Fernández Gómez, participou nesta categoría cun equipo formado por xogadores de 2º ano, clasificándose no primeiro posto da táboa do Grupo 1º da Competición de Liga Provincial, e cunha gran progresión.
  • Racing Prebenxamín “B” equipo adestrado por José Mª Criado Rodríguez, militou na categoría cun equipo formado por xogadores tamén de 2º ano, clasificándose no oitavo posto da táboa do Grupo 1º da Competición de Liga Provincial.
  • Racing Prebenxamín”C” competiu cun equipo formado por xogadores de 1º ano, clasificándose no sexto posto da táboa do Grupo 2º da Competición de Liga Provincial.
  • Racing Prebenxamín “D” militou na categoría cun equipo formado por xogadores de 1º ano, clasificándose no noveno posto da táboa do Grupo 2º da Competición de Liga Provincial.
  • Racing Prebenxamín “E” competiu cun equipo formado por xogadores de 1º ano, clasificándose no sétimo posto da táboa do Grupo 2º da Competición de Liga Provincial.

En Benxamíns foron cinco os equipos que formou a Escola.

  • Racing Benxamín “A” competiu na Liga Provincial (Grupo 2º Ferrol) finalizando no primeiro posto da táboa.
  • Racing Benxamín “B” participou na Competición de Liga Provincial (Grupo 3º Ferrol) clasificándose no quinto posto da táboa.
  • Racing Benxamín “C” militou na Competición de Liga Provincial (Grupo 1º Ferrol) clasificándose no oitavo posto da táboa.
  • Racing Benxamín “D” competiu na Liga Provincial (Grupo 2º Ferrol) clasificándose no quinto posto da táboa.
  • Racing Benxamín “E” participou na Competición de Liga Provincial (Grupo 3º Ferrol) clasificándose no sétimo posto da táboa.

En canto aos Alevíns foron un total de catro equipos.

  • Racing Alevín “A” militou na Competición de Liga Provincial (Grupo 1º Ferrol) clasificándose no cuarto posto da táboa. No que se refire á Competición de Copa quedaron Campións.
  • Racing Alevín “B” participou na Competición de Liga Provincial (Grupo 2º Ferrol) clasificándose no segundo posto da táboa.
  • Racing Alevín “C” competiu na Liga Provincial (Grupo 3º Ferrol) clasificándose no terceiro posto da táboa.
  • Racing Alevín “D” participaron na Competición de Liga Provincial (Grupo 1º Ferrol) e clasificáronse no décimo posto da táboa.

Ademais, os diferentes equipos da Escola, disputaron un gran número de Campionatos e Torneos amigables como o III Torneo San Sadurniño, II Torneo Internacional F- 7 Concello de Narón, Torneo de Fútbol-7 Meirás Club de Fútbol, I Torneo Clausura Escola de Fútbol R. Ferrol, Semana Deportiva Mestura / Meirás, II Torneo C.D. Agarimo F- 7 e o V Torneo Internacional ASR´Cup Alevín F-7.

A preparación dos nenos e nenas da Escola estivo dirixida por un Director Deportivo, Javier Fernández Pita, que contou con vinte adestradores: Juan José Lojo Mella (Adestrador Porteiros), Antonio Pardo Robles (1º Grupo Biberóns), Feliciano Darriba Dasantes (2º Grupo Biberóns), Hugo Fernández Gómez (Prebenxamín A), José María Criado Rodríguez (Prebenxamín B), Casto Mario Fernández Casas (Prebenxamín C), Matías García Ares (Prebenxamín D), José Carlos Bellón Redondo (Prebenxamín E), Miguel Martín Rodríguez (Benxamín A), Francisco Corredoira (Benxamín B), Roberto Fraga Pena (Benxamín C), José Manuel Fernández Motriz (Benxamín D), Carlos Martínez Manso (Benxamín E), Víctor Fernández Díaz (Alevín A), Xurxo Pena García (Alevín B), Miguel Teijeiro Losada (Alevín C) e Hugo Fernández Gómez (Alevín D).

No acto de clausura de devandita tempada, a Escola, ademais de entregar os diplomas e medallas a todos os integrantes da mesma, outorgou as DISTINCIÓNS ESPECIAIS (INSIGNIA DO RACING EN CERÁMICA DE SARGADELOS), a “PACO CORREDOIRA”, pola súa colaboración como adestrador do equipo Benxamín “B” da Escola de Fútbol e a ”MIGUEL TEIJEIRO LOSADA”, pola súa colaboración como adestrador de diferentes equipos da Escola de Fútbol desde a tempada 2002/2003 ata a 2006/2007.

Tempada 2007/08

Na Tempada 2007/2008 celébrase o V Curso na Escola de Fútbol do Racing cun total de 182 alumnos/as, distribuídos en 14 equipos das categorías de Biberóns, Prebenxamíns, Benxamíns, Alevíns e Infantís e que participaron durante a tempada nas competicións de Liga Local, Campionato de Copa Local e Torneos amigables.

Na competición de Prebenxamíns participaron un total de 65 nenos. En Benxamíns alcanzouse a cifra de 68 nenos. Mentres que en Alevíns foron 49 nenos os que tomaron parte na Escola. Esta tempada, contouse tamén coa categoría de Biberóns, nenos que, pola súa idade, non poden participar en competición oficial pero que asistiron tanto a os adestramentos como a os partidos amigables, sendo un total de 50 nenos.

No que se refire aos resultados conseguidos polos Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns na tempada 2007/2008, na Competición de Fútbol - 7 e na Competición de Copa foron os seguintes.

Competición de Fútbol - 11

Na categoría de Infantil a Escola participou cun equipo.

  • Racing Infantil “B” competiu na Liga Comarcal (Grupo 6º), conseguindo a sexta posición da clasificación final.

Competición de Fútbol - 7

En canto á categoría de Biberóns a Escola tomou parte, con dous equipos, na I Liga de Fútbol-7 Concello de Ferrol. Os partidos disputáronse nos campos de Fútbol-7 de Caranza e da Malata e o a experiencia resultou moi positiva para os máis novos.

Na categoría de Prebenxamíns, a Escola logrou formar un total de cinco equipos.

  • Racing Prebenxamín “A” participou nesta categoría cun equipo formado por xogadores de 2º ano, e na que logrou clasificarse no primeiro posto da táboa do Grupo 1º da Competición de Liga Provincial.
  • Racing Prebenxamín “B” militou nesta categoría cun equipo formado por xogadores tamén de 2º ano, sendo cuartos do Grupo 1º da Competición de Liga Provincial.
  • Racing Prebenxamín “C” competiu cun equipo formado por xogadores de 1º ano, clasificándose no sexto posto da táboa do Grupo 2º da Competición de Liga Provincial.
  • Racing Prebenxamín “D” participou cun equipo formado por xogadores de 1º ano, logrando o terceiro posto da táboa do Grupo 1º da Competición de Liga Provincial.
  • Racing Prebenxamín “E” militou cun equipo formado por xogadores de 1º ano, finalizando no quinto posto da clasificación do Grupo 2º da Competición de Liga Provincial.

En Benxamíns tamén foron cinco equipos

  • Racing Benxamín “A” participou na Competición de Liga Provincial (Grupo 1º Ferrol) clasificándose no terceiro posto da táboa.
  • Racing Benxamín “B” militaron na Competición de Liga Provincial (Grupo 2º Ferrol) clasificándose no segundo posto da clasificación.
  • Racing Benxamín “C” competiu na Liga Provincial (Grupo 1º Ferrol) clasificándose no quinto posto da táboa.
  • Racing Benxamín “D” participou na Competición de Liga Provincial (Grupo 2º Ferrol) sendo décimos na clasificación final.
  • Racing Benxamín “E” militou na Competición de Liga Provincial (Grupo 1º Ferrol) clasificándose no décimo terceiro posto da táboa.

En Alevíns formáronse catro equipos.

  • Racing Alevín “A” participou na Competición de Liga Provincial (Grupo 2º Ferrol) clasificándose no terceiro posto da táboa.
  • Racing Alevín “B” competiu na Liga Provincial (Grupo 1º Ferrol), finalizando no undécimo posto da táboa.
  • Racing Alevín “C” militou na Competición de Liga Provincial (Grupo 1º Ferrol) alcanzando o segundo posto da clasificación.
  • Racing Alevín “D” participou na Competición de Liga Provincial (Grupo 2º Ferrol) e clasificáronse no noveno posto da táboa.

Competición de Copa

Participouse na fase previa da Competición de Copa con todos os equipos das categorías de Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns, pasando á fase final dous equipos Alevíns, un Benxamín e dous Prebenxamíns. Destacar o título de Campión de Copa que conseguiu o equipo Prebenxamín “A” e o Subcampeonato do equipo Alevín “D”.

Ademais, os equipos da Escola participaron en diferentes Campionatos e Torneo, como o III Torneo de San Saturnino de Fútbol-7 - categoría de Alevíns e Benxamíns, quedando campión en Benxamíns e subcampións en Alevíns. Torneo de Fútbol-7 do Meirás Club de Fútbol -7 - categoría de Alevíns e Benxamíns, quedando subcampións nas dúas categorías. Torneo Futbol-7 Mestura Meirás - categoría de Alevíns e Benxamíns, quedando campión en Alevíns e subcampións en Benxamíns. Torneo Jenaro Garrote de Cebarca- categoría de Benxamíns, quedando campións. II Torneo de Cedeira – categoría de Prebenxamíns, quedando campións. Memorial Antonio Domingo Laredo de Ponferrada categoría de Benxamíns, quedando quintos.

II Torneo de Fútbol-7 Concello de Ares - participaron todas as categorías incluídos os Biberóns, conseguindo en todas unha boa clasificación. Trofeo Concello de Cambre - categoría de Benxamín, obtendo un notable segundo posto. II Trofeo Cidade de Narón de Fútbol-7 - participaron todas as categorías, destacando o subcampeonato nas categorías de Prebenxamíns e Benxamíns. Torneo de Nadal do Concello de Mugardos - categoría de Biberóns.

Na Tempada 07/08 a Escola de Fútbol conta para a formación con 17 adestradores dirixidos polo Director da Escola, Javier Fernández Pita: Juan José Lojo Mella (Adestrador Porteiros), Antonio Pardo Robles (1º Grupo Biberóns), Ignacio García Rodríguez (2º Grupo Biberóns), Feliciano Darriba Dasantes (3º Grupo Biberóns), Casto Mario Fernández Casas (Prebenxamín A), José Carlos Bellón Redondo (Prebenxamín B), Ángel Fraguela Fojón (Prebenxamín C), Roberto Fraga Pena (Prebenxamín D), José Luís Campelo Bouza (Prebenxamín E), José Manuel Fernández Motriz (Benxamín A), Ignacio García Rodríguez (Benxamín B), Carlos Martínez Manso (Benxamín C), Hugo Fernández Gómez (Benxamín D), José María Criado Rodríguez (Benxamín E), Víctor Fernández Díaz (Alevín A), Javier Martínez Bonome (Alevín B), Miguel Martín Rodríguez (Alevín C) e Alberto Martínez Míguez (Alevín D).

No acto de clausura de devandita tempada, a Escola, ademais de entregar os diplomas e medallas a todos os integrantes da mesma, outorgou DISTINCIÓNS ESPECIAIS polo bo traballo realizado, a Antonio Pardo Robles “Cholo”, adestrador dos Biberóns, a Casto Mario Fernández Casas, adestrador do Prebenxamín A, a Hugo Fernández Gómez, adestrador do Benxamín D e a Miguel Martín Rodríguez, adestrador do Alevín C.

Tempada 2008/09

Na Tempada 2008/2009 organízase o VI Curso na Escola de Fútbol do Racing que contou cun total de 284 alumnos/as, formando un total de 16 equipos que participaron en Liga, Copa Local e Torneos amigables.

A tempada 2008/2009 trouxo como novidade a creación dun Equipo de Fútbol Feminino de categoría sénior, no que participaron 26 nenas maiores de 15 anos.

Na Competición de Prebenxamín participaron un total de 60 nenos. En Benxamín se igualou a cifra dos 76 nenos. Mentres que en Alevín foron 76 nenos os que tomaron parte na Escola e en Infantil un total de 26 nenos.

Cóntase ademais, cunha categoría denominada como Biberóns e que, pola súa idade, non poden participar en competición oficial pero que tomaron parte tanto nos adestramentos como nos partidos amigables, sendo un total de 46 nenos.

En canto aos resultados obtidos polos Prebenxamíns, Benxamíns e os Alevíns na tempada 2008/2009, na Competición de Fútbol - 7 e na Competición de

Copa foron os seguintes.

Competición de Fútbol - 7

Na categoría de Biberóns participouse con dous equipos na II Liga de Fútbol- 7 Concello de Ferrol. Os partidos tiveron lugar nos campos de Fútbol-7 de Caranza e da Malata.

En Prebenxamíns a Escola logrou formar un total de catro equipos.

  • Racing Prebenxamín “A” participou nesta categoría cun equipo formado por xogadores de 2º ano, clasificándose no terceiro posto da táboa do Grupo 2º da Competición de Liga Provincial.
  • Racing Prebenxamín “B” estivo formado por un equipo con xogadores tamén de 2º ano, alcanzando a primeira posición da clasificación final do Grupo 1º da Competición de Liga Provincial.
  • Racing Prebenxamín “C” participou cun equipo formado por xogadores de 1º ano, clasificándose no noveno posto da táboa do Grupo 2º da Competición de Liga Provincial.
  • Racing Prebenxamín “D” estivo formado por xogadores de 1º ano, clasificándose no oitavo posto da clasificación final do Grupo 1º da Competición de Liga Provincial.

Na categoría de Benxamíns a Escola contou con cinco equipos.

  • Racing Benxamín “A” competiu na Liga Provincial (Grupo 2º Ferrol) clasificándose no primeiro posto da táboa.
  • Racing Benxamín “B” participou na Competición de Liga Provincial (Grupo 1º Ferrol) clasificándose no posto onceavo da clasificación final.
  • Racing Benxamín “C” militou na Competición de Liga Provincial (Grupo 1º Ferrol) finalizando no sétimo posto da táboa.
  • Racing Benxamín “D” competiu na Liga Provincial (Grupo 2º Ferrol) clasificándose no noveno posto da clasificación final.
  • Racing Benxamín “E” participou na Liga Provincial (Grupo 1º Ferrol) finalizando no noveno posto da táboa.

Na categoría de Alevíns a Escola formou a cinco equipos.

  • - Racing Alevín “A” competiu na Liga Provincial (Grupo 1º Ferrol) clasificándose no primeiro posto da clasificación final.
  • Racing Alevín “B” participou na Competición de Liga Provincial (Grupo 1º Ferrol) finalizando no sexto posto da táboa.
  • Racing Alevín “C” militou na Competición de Liga Provincial (Grupo 3º Ferrol) clasificándose no sexto posto da clasificación.
  • Racing Alevín “D” competiu na Competición de Liga Provincial (Grupo 3º Ferrol) finalizando na terceira posición da táboa.
  • Racing Alevín “E” participou na Competición de Liga Provincial (Grupo 2º Ferrol) finalizando a mesma no quinto posto da clasificación.

Na categoría de Infantil a Escola presentou a un equipo.

  • Racing “A” competiron na Liga Provincial (Grupo 4º Ferrol) clasificándose no décimo terceiro posto da táboa.

Na categoría Feminina a Escola participou cun equipo.

  • Feminino militaron na Competición de Liga Autonómica (Grupo I) clasificándose no terceira posición da clasificación final e alcanzando así o ascenso de categoría á 1ª Autonómica.

Competición de Copa

Os diferentes equipos da Escola participaron na fase previa da Competición de Copa conseguindo os seguintes resultados:

- En Pebenxamíns participouse cos catro equipos na fase de grupos, logrando o Prebenxamín “A” a terceira posición do grupo 3 e o Prebenxamín “B” o primeiro posto do grupo 4, logrando así o seu pase á semifinal onde se enfrontou ao Galicia de Caranza e finalmente quedaría Campión de Copa ao gañar na final por 1-3 ao Racing San Pedro.

Pola súa banda, o Prebenxamín C finalizou na cuarta praza do grupo 1, mentres que o Prebenxamín D finalizou no sexto lugar do grupo 2.

- En Alevíns participouse con 5 equipos na fase de grupos, logrando o Alevín

Ao primeiro posto do grupo 2, o que lle deu o pase a cuartos de final fronte ao Racing San Pedro alcanzando finalmente as semifinais enfrontándose ao Galicia de Mugardos. O Alevín B finalizou terceiro do grupo 1. O Alevín C tamén foi terceiro do grupo 7. O Alevín D finalizou primeiro do grupo 8, o que lle deu o pase a cuartos de final onde xogaría co C.D As Pontes. Para rematar, o Alevín E finalizou na segunda posición do grupo 6.

-En canto ao equipo Feminino este participou no Grupo 4 conseguindo o primeiro posto, o que lle deu opción a xogar os cuartos de final enfrontándose á Unión Guardesa de Tui.

Ademas, os equipos da Escola tomaron parte en diferentes Campionatos e Torneos como o V Torneo de San Saturnino de Fútbol-7 - categoría de prebenxamíns. Torneo de Fútbol-7 do Meirás Club de Fútbol -7 - categorías de infantil, alevín e benxamín. Torneo Futbol-7 Mestura Meirás - categoría de benxamín. III Torneo de Cedeira – categoría de prebenxamín, benxamín e alevín. III Trofeo Cidade de Narón de Fútbol-7 - categoría de prebenxamín, benxamín e alevín. IX Encontros de Nadal -Fútbol 5 en pista- - categoría de biberóns, prebenxamíns, benxamíns e alevíns. V Torneo internacional Alevín Alondras Club de Fútbol - categoría alevín. III Trofeo de fútbol- 7 -categoría de prebexamíns e benxamíns. II Torneo Crovisa Fútbol-7 Alevín. V Torneo Galaico-portugués de Fútbol-7 Alevín e na Malata e Caranza. Liga de Biberóns. Equipo A e B.

Nesta tempada a preparación dos nenos e nenas da Escola estivo dirixida por un Director Deportivo, Javier Fernández Pita, que contou con dezaoito adestradores: Hugo Fernández Gómez e Paula Filgueira Vila (Equipo Feminino), Rápalle Pesenti (Infantil), Marcos Méndez Dopico (Adestrador Porteiros), Miguel Martín Rodríguez (Alevín A), Jorge Martínez Cruz (Alevín B), Víctor Fernández Díaz (Alevín C), Ignacio García Rodríguez (Alevín D), Javier Rodríguez Castro (Alevín E), Hugo Fernández Gómez (Benxamín A), Julián Aneiros Rey (Benxamín B), Carlos Avelino Melo Mouro (Benxamín C), José Ángel Torrente Otero (Benxamín D), Héctor Vilar Díaz (Prebenxamín A), José Luís Campelo Bouza (Prebenxamín B), Francisco Grueiro Santiago (Prebenxamín C), José Manuel Fernández Motriz (Prebenxamín D), Feliciano Darriba Dasantes (Biberóns), Antonio Pardo Robles (Biberóns) e Ignacio García Rodríguez (Biberóns).